← Volver atrás

Lourido Arriví, Jesús

Alcume: Manco de Diamantel
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Santalla de Cervo, Cedeira
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 25/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, mariñeiro e político, 27 anos. Veciño de Cervo.

No ano 1933 pertencía á Confederación Xeral de Traballo Unitaria (CXTU). Foi un dos fundadores do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Cedeira.

Detivérono pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Era concelleiro e 3º tenente de alcalde de Cedeira polo PCE e dentro da Fronte Popular (FP), cando se produce o golpe de Estado de xullo de 1936.

Tiña como compañeiros da Corporación de Cedeira de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Fernández Freijeiro (o alcalde), executado; José-Cipriano Durán Fraguela, executado; José Vergara López, asasinado; Nicasio Pérez Senra, asasinado; José Lago Beceiro, executado; José López Teijeiro, asasinado; Andrés Arriví Caneiro, encarcerado; Antonio Pérez Muíño, encarcerado.

Paseado.

Prendérono despois do movemento militar rebelde.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol na causa 296/36 polo delito de rebelión militar.

Morte rexistrada en Ferrol por mor de feridas producidas por arma de fogo.

Con el asasinaron a José Vergara López.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha