← Volver atrás

Macarrón Piúdo, Ricardo

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Depurado

Nacemento:

Vitoria
(Araba)
- 01/01/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1973 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Arquitecto, militar e político, 52 anos. Casado en 1910 con Carolina Cenzano Godoy. Estudou na Academia de Infantería e, xa como primeiro tenente desta arma, ingresou na Garda Civil en 1909. En 1936 era tenente coronel da Garda Civil e xefe da Comandancia de Pontevedra.

Golpista. Depurado.

O día 17/07/1936 o gobernador civil de Pontevedra, Gonzalo Acosta Pan, nomeouno delegado de Orde Pública da cidade pontevedresa.

Despois do golpe militar, ao que se sumou, os sublevados renomeárono delegado de Orde Pública e, en agosto de 1936, gobernador civil da cidade.

A Falanxe tachouno de masón e de permitir a fuga de figuras da masonería pontevedresa.

Cesou en marzo de 1937 por desafecto ao Réxime; seguramente o cese está relacionado cos casos do director da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), Fernando Lago Búa e do médico Francisco Bustelo Bustelo.

Mentres dirixiu o Goberno Civil de Pontevedra viuse implicado, con outros, no asasinato do avogado e político pontevedrés Alberto Martínez Tiscar, a quen pasearon en Bueu (Pontevedra) o día 06/09/1936.

En marzo de 1937 destinárono a Guipúscoa en situación de dispoñible. Cesárono o día 22/09/1937 por desafecto ao Movimiento Nacional.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha