Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 25 anos. Veciño de Barreiros (Lugo). Fillo de Manuel Margolles Déspora, encarcerado, e irmán de Isabel Margolles de la Vega e de Mercedes Margolles de la Vega, ás que tamén encarceraron. Mestre nacional ata 1934 de Santa María de Vilaselán, Ribadeo e despois de San Pedro de Benquerencia, Barreiros.
Militante do PSOE.
Despois do triunfo electoral da Fronte Popular (FP) foi delegado gobernativo en Barreiros. Participou en varios mitins a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Fuxido. Depurado. Paseado.
Tras do alzamento militar foxe ao Principado de Asturias.
Os franquistas destituírono como mestre en agosto de 1936.
Acusado polas testemuñas do seu proceso de facer fronte en combate ás tropas golpistas.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 301/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 26/08/1937. Neste proceso enxuizaron a varios veciños de Barreiros e Ribadeo.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Antonio García Fernández e a cadea perpetua a José Gómez Álvarez. O auto declarou fuxidos a: Rafael Fernández Cardoso, César Margolles de la Vega, Claudio Pérez Prieto e Manuel Pérez Prieto.
Morto en circunstancias descoñecidas no Principado de Asturias, onde semella que o pasearon e asasinaron sen sentenza algunha. Mantense que o soterraron preto de Vegadeo.
Os fascistas abríronlle un expediente por responsabilidades políticas no ano 1937.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.