← Volver atrás

Martínez Anido, Severiano

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 21/05/1862 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Valladolid
- 24/12/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 74 anos. Ingresou na Academia Xeral Militar no ano 1880 e licenciouse como alférez de Infantería en 1884. Veterano das guerras de Filipinas e de Marrocos. Xeneral de brigada en 1914, xeneral de división en 1918 e, logo, tenente xeneral.

Gobernador civil de Guipúscoa e despois de Barcelona (de 1920 ao día 23/10/1922); enviado a Cataluña para acabar coa conflitividade laboral e social. En Barcelona dirixiu a represión contra da CNT e empregou ao Somatén (corpo para-policial) na súa loita contra dos anarquistas. Estas actuacións estiveron cheas de brutalidade e de uso de medios violentos coa aplicación da tristemente famosa Lei de Fugas. Fíxose famoso pola súa crueldade e violencia.

Subsecretario do Ministerio de Gobernación en 1923, xa na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. En decembro de 1924 acadou o Ministerio da Gobernación que ocupou ata xaneiro de 1930 e foi vicepresidente do Consello de Ministros; man dereita do entón ditador.

Moi coñecido pola súa hostilidade contra dos intelectuais, entre eles Miguel de Unamuno Jugo (Bilbao, Biscaia), desterrado en 1924 ás Illas Canarias.

Durante o seu mandato ministerial, a institución catalá do Somatén estendeuse a todas as provincias de España.

A dimisión de Primo de Rivera en xaneiro de 1930 supuxo a súa saída do Goberno.

Despois da proclamación da II República exiliouse en Francia e, en novembro de 1932, en ausencia, condenárono a 24 anos de confinamento, inhabilitación e perda da súa pensión.

En 1935 propuxéronlle que liderara o golpe rebelde en Cataluña, pero declinou esta proposición.

Golpista.

Ao comezar a guerra civil regresou a España e púxose a disposición dos rebeldes.

En outubro de 1937 Francisco Franco Bahamonde designouno xefe dos Servizos de Seguridade Interior, Orde Pública e Fronteiras. En xaneiro de 1938 era ministro de Orde Pública, nomeamento que se deduce "fue calculado con el fin de sembrar pánico entre los republicanos" (Hugh Thomas). Comezou a aplicar a súa política de control e presión; o propio embaixador de Alemaña na España franquista, Eberhard von Stohrer, enviou un informe sobre desta política represiva no que indicaba que "resulta inadmisible, aun a los ojos de la propia Falange".

O día 31/07/1938 o xefe das SS e ministro de Interior alemán, Heinrich Himmler, asinou un acordo con Martínez Anido no que se contemplaba a mutua extradición entre os dous países dos "delincuentes políticos".

Despois da súa morte no Nadal de 1938 sucedeuno Camilo Alonso Vega, que non desmereceu a dura represión contra dos derrotados do seu antecesor.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.