Nacemento:
Morte:
Militar, 62 anos. Casou en 1898 con María-Pilar Cabrera García. Veciños de Cartagena (Murcia). En agosto de 1892 ingresou como soldado no 4º Batallón de Artillería en Ferrol (A Coruña). Estudou na Academia de Infantería de Toledo desde 1894 e sería 2º tenente de Artillería en febreiro de 1896. Participou na Guerra de Cuba, da que regresou en agosto de 1897. Ascendeu a tenente coronel en 1920 e, en 1921, nomeárono gobernador civil de Badaxoz. En 1934, xa co grao de xeneral de brigada, foi director da Escola Superior de Guerra. Tamén sería subsecretario do Ministerio de Guerra.
Executado.
Cando comeza a guerra civil era gobernador militar de Cartagena, praza que conservou para o Goberno da República, defendéndoa fronte a algunhas unidades rebeldes da Aviación da base de hidroavións de San Javier.
O día 20/11/1936 nomeárono xefe do Estado Maior Central do Exército Popular republicano, pero as súas desavinzas co Partido Comunista provocaron o seu relevo no cargo e a súa entrada na cadea.
Despois das perdas nas frontes republicanas xulgárono os leais en consello de guerra polo delito de traizón cos xenerais José Asensio Torrado, Fernando Martínez-Monje Restoy e José-Eduardo Villalba Rubio. Exonerárono en maio de 1938 e o presidente do Goberno Juan Negrín López destinouno como comandante militar de Madrid.
Pouco antes do remate da guerra civil deu o seu apoio ao golpe militar do coronel Segismundo Casado López; logo logrou chegar a Valencia, onde o prenderon os sediciosos.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Valencia, o día 30/05/1939, co resultado de sentenza á pena de morte.
Executárono os golpistas en Paterna.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.