← Volver atrás

Martínez-Risco Macías, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

Ourense
- 01/12/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

París
(Francia)
- 03/05/1954 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, científico e político, 47 anos. Casou con Fernanda Pérez Colemán; non tiveron fillos. Veciños de Madrid. Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Central de Madrid e licenciouse no ano 1908. Exerceu de catedrático de Óptica e Acústica e logo de Física Teórica na Universidade Complutense de Madrid. Foi candidato ao Premio Nobel de Física. Curmán de Vicente Martínez-Risco Agüero.

Membro da Real Academia de Ciencias de Zaragoza.

Nas eleccións de 1931 elixírono deputado nas Cortes por Ourense nas listaxes de Acción Republicana (AR) e nas de 1936 por Esquerda Republicana (ER), dentro da coalición da Fronte Popular (FP).

Depurado. Exiliado.

Asinou o manifesto dos intelectuais españois “contra el criminal levantamiento militar”.

Durante a guerra civil, na zona republicana, desenvolveu un importante papel para a localización de armas por medio de infrasóns.

Despois da contenda española os franquistas depurárono como profesor universitario coa separación definitiva do servizo e o embargo dos bens.

Ao remate da guerra civil exiliouse en París (Francia), onde exerceu de profesor e investigador; solicitou emigrar a México, pero permaneceu en Francia ata o seu pasamento.

Cando se produce a liberación de Francia dos nazis, crease o Bloque Republicano Nacional Galego (BRNG), que mantén lazos coa Unión Nacional Española (UNE), que preside o independente Manuel Portela Valladares e no que figuran: Santiago Casares Quiroga e Manuel Martínez-Risco Macías, de Esquerda Republicana (ER); César Alvajar Diéguez, de Unión Republicana (UR); Enrique Liste Forján, Enrique Líster, polo PCE; Luis Vidal, pola UXT, e Luis Vázquez Rodríguez, polo PSOE. O Partido Galeguista (PG) non tiña representantes porque tiña pouca forza no exilio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha