← Volver atrás

Mateo Vázquez, Julián

Alcume: Guaje
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

San Miguel de Montefurado, Quiroga
(Lugo)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 36 anos.

Fuxido.

Enlace da guerrilla, unha vez que o descubriron foxe ao monte a primeiros dos corenta e formou parte do grupo de Mario Rodríguez Losada, Mario de Langullo.

Incorporouse á III Agrupación luguesa do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que mandaba José-Luis Castro Veiga, o Piloto, ben entrada a década dos corenta. Con el incorporáronse Gregorio-Adolfo Cenitagoya González, José Pardo Rodríguez, Maximino Rodríguez Pérez e Julio Fernández Rodríguez.

No ano 1949 encartárono con outros fuxidos nun proceso xudicial, na causa 318/49, por auxilio a bandoleiros e por encubrir a grupos armados.

Xulgaron neste procedemento a: Julián Mateo Vázquez, Carmen Rodríguez Nogueira e Ermitas Vega Casanova.

Prendérono as forzas represoras.

Xulgado en consello de guerra o día 25/10/1954 en Lugo con outras persoas, na causa 71/53, acusado de participar en varios atracos e nas execucións en San Paio, San Miguel de Mones, Petín (Ourense), o día 09/04/1947, de Sergio Corzo Vega e a súa muller Aurelia Pérez Gallego, Rogelio Trincado Trincado, José Rodríguez, Antonio Pérez Gallego e Julio Rodríguez; na do falanxista e cabo da Garda Civil Domingo Enrique Rodríguez en Santa María de Boazo, A Teixeira (Ourense); na de Ramon Crespo Feijoo, en Aguil, San Xoán de Poboeiros, Castro Caldelas (Ourense), o día 15/04/1947; e na de Santiago Blanco Gómez e a súa dona Aurea Vicente García en Sesmil, Santa Isabel da Enciñeira, Quiroga (Lugo). O fiscal solicitou para el a pena de morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha