← Volver atrás

Miñones Bernárdez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Corcubión
(A Coruña)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)

Biografía

Médico, 38 anos. Solteiro. Irmán de José Miñones Bernárdez, fusilado e de Jesús Miñones Bernárdez, encarcerado e exiliado; el era o maior. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1923. Médico forense de Corcubión. Jesús, José e Manuel eran os propietarios da Casa de Banca Manuel Miñones Barros, en Corcubión.

Exiliado.

Despois de coñecer o fusilamento do seu irmán José, Pepe Miñones, e a persecución e encarceramento do seu irmán Jesús, veuse na obriga de exiliarse. De Madrid pasou a Francia; en Marsella embarcou no vapor Mendoza e chegou á República Arxentina o día 03/05/1937, onde foi dirixente da Agrupación de Intelectuais Demócratas Españois. Cooperou coa oposición antifranquista e axudou a moitos galegos que acudiron na súa procura.

Amigo persoal de Luis Seoane López e de Isaac Díaz Pardo.

En abril/maio de 1970 fixo unha visita a Corcubión.

Como o seu irmán Jesús, morreu no exilio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha