← Volver atrás

Moreda Outeiral, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1857 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 10/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro e político, 79 anos. Casado. Veciños de Riomao, Santa Cristina de Lavadores, en Vigo. Os seus fillos Alfonso Moreda Vázquez, Constante Moreda Vázquez e José Moreda Vázquez, así como o seu neto Lenin Moreda Vázquez, tamén remataron vítimas da represión franquista.

Militante do PCE.

Executado.

Participou na resistencia fronte aos golpistas nas barricadas de Lavadores. Prendérono.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar (acusado do asalto á casa de Estanislao Núñez Barrios, que morre no enfrontamento), na causa 539/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Manuel Moreda Outeiral, Constante Moreda Vázquez, José Moreda Vázquez, Urbano Rodríguez Moledo e Antonio Sayar Carrera.

Fusilárono os franquistas ás 08:00 h no Castelo do Castro, en Vigo.

Nesta data e lugar asasinaron a: Manuel Moreda Outeiral, xornaleiro, e os seus fillos Constante Moreda Vázquez, contratista de obras, e José Moreda Vázquez, contratista de obras. Tamén morreron Manuel Acuña Gómez, pintor; Fernando Costas Méndez, carpinteiro; Luis Ferreira Viéitez; José González Andreu, zapateiro; Luis Martínez Román, albanel; Manuel Núñez Álvarez, panadeiro; Urbano Rodríguez Moledo, empregado e xornalista, e Antonio Sayar Carrera, labrego.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha