← Volver atrás

Morgade Pazos, Adolfo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Martiño de Borela, Cerdedo-Cotobade
(Pontevedra)
- 01/01/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Mariña de Cabral, Vigo
(Pontevedra)
- 15/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 50 anos. En 1913 casou en Pontevedra con Pilar Cebral Barcia. Veciños da Travesía de España, 10, en Vigo. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1911. Marchou en 1913 coa súa dona para Bos Aires (República Arxentina), onde exerceu a medicina no Hospital Español. Regresaron no ano 1918 e instalouse como médico en Pontevedra e máis en Vigo, onde se colexia no ano 1932.

Militante das esquerdas.

Executado.

Ao comezo do golpe militar asilouse no consulado americano en Vigo e arrestárono ao salir do dito consulado.

A Adolfo arrestárono por non saudar co brazo erguido, encarcerárono no frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, e asasinárono os falanxistas en Cabral nun suposto traslado de prisión.

Nesta acción asasinaron a: Marcial Araujo Conde, xornaleiro; Eugenio-Tomás Arbones Castellanzuelo, médico; Luis Bilbatúa Zubeldía, telegrafista; Segundo Echegaray García, comerciante; Adolfo Morgade Pazos, médico; Abraham Muñoz Arconada, funcionario, e Inocencio Taboada Montoto, industrial.

Morte rexistrada en Vigo por mor de disparos, a primeiras horas da madrugada, en Cabral nun suposto “traslado de prisión”.

Os cadáveres apareceron na curva de Puxeiros, na estrada Vigo-Ourense.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha