Nacemento:
Morte:
Militar e político, 35 anos. En 1924 casou con Magdalena Muguiro Frígola, Marquesa de Salinas; tiveron dous fillos e dúas fillas: Íñigo, Magdalena, Piedad e Santiago.
Carlista. Xefe da Delegación de Prensa da Xunta Nacional de Guerra Carlista.
Golpista.
Durante a guerra civil nomeárono xefe provincial de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) de Guipúscoa.
En febreiro de 1938 acadou o destino de gobernador civil da Coruña, sucedendo a José-María Arellano Igea, cargo no que se mantivo ata novembro de 1939, substituíno de xeito interino Julio Ramos Alfageme e, máis tarde, polo titular Emilio de Aspe Vaamonde, tenente coronel de Cabalería.
Desde o día 05/12/1938 promoveu, co empresario afecto Pedro Barrié de la Maza, a adquisición mediante subscrición popular do Pazo de Meirás para Francisco Franco Bahamonde, do que eran amigos persoais. Barrié exercería de representante legal de Franco na dita transacción.
Nos anos corenta foi o primeiro xefe da Casa Civil de Franco. Era xeneral de división.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.