← Volver atrás

Naya Mariñas, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño da rúa Santa Catalina, 25 baixo, na Coruña. Fillo de Antonio Naya López, a quen pasearon e asasinaron dunha malleira; irmán de Antonio Naya Mariñas, encarcerado. O seu pai tiña unha fábrica de chocolate na rúa Santa Catalina, 24, na Coruña. Á súa nai e ás súas irmás destérranas a Vigo (Pontevedra) e Francisco permaneceu agochado toda a guerra civil.

Membro da UXT e da Agrupación Socialista (AS) da Coruña. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Fuxido. Exiliado.

Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocouno o gobernador civil Francisco Pérez Carballo, cos Irmáns da Lixivia e outras xentes das esquerdas da cidade, a unha reunión no Goberno Civil, pola situación creado por mor do levantamento faccioso.

Semella que un amigo, funcionario do xulgado, avísao o día 26/07/1936 de que os falanxistas pretenden pasealo e Naya escóndese no monte Xalo.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña en rebeldía por un alixo de armas, na causa 178/40, co resultado de sentenza á pena de morte.

Ao remate da guerra civil chegou a Vigo (Pontevedra), de onde marcha a Portugal e despois á Habana (Cuba).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha