← Volver atrás

Nieto Martínez, Leopoldo

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Villaverde de la Abadía, Carracedelo
(León)

Morte:

Castropodame
(León)
- 13/11/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferroviario. Curmán do tamén guerrilleiro Victoriano Nieto Rodríguez.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Combateu na fronte asturiana durante a guerra civil do lado dos republicanos, no 206º Batallón. Coa caída da Fronte Norte volveu aos vales da Cabreira con Manuel Girón Bazán, Girón, Marcelino de la Parra Casas, Parra, e o seu curmán Victoriano.

O día 13/11/1941 participou con outros cinco fuxidos no asalto a varios veciños de Castropodame, onde no intercambio de tiros morreron as veciñas e os veciños María-Nieves Luna, o médico Rafael González Díaz e Manuel Martínez Núñez. Resultou ferido de gravidade o propio Leopoldo, ao que tiveron que rematar os seus propios compañeiros nas proximidades do pobo.

Na identificación posterior do seu cadáver, Emilia Girón Bazán, irmá de Girón, certificou que o morto era o seu irmán para así evitar os continuos tormentos que a familia sufría por parte das forzas represoras. Este engano non se descubriría ata o mes de novembro de 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha