← Volver atrás

Novo Rodríguez, José-María

Alcume: o Ánimas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Betanzos
- 29/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xastre e político, 43 an os. Casado con Consuelo Varela Yáñez; tiñan cinco fillos. Tiña tres irmáns. Veciños da rúa Travesa, 43-1º, en Betanzos. Segundo testemuñas nese tempo vivía con outra muller na Coruña, onde tería trasladado a xastrería e sen abandonar a manutención da que era a súa familia legal.

Elixido concelleiro e nomeado 2º tenente de alcalde de Betanzos en maio de 1931, despois de que as eleccións de abril se anularan ao contabilizarse 1000 votos máis que votantes tiña a poboación e debido a un intento da dereita de controlar o poder municipal. Por entón pertencía á Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), logo integraríase en Esquerda Republicana (ER); nomeado 1º tenente alcalde ata 1932 e logo alcalde ata 1933, logo da morte de Víctor Montoto Arias (+1932).

Republicano e anticlerical, criticaba a situación predominante da Igrexa, se ben non instigou persecución algunha nin participou en actos violentos. As dereitas fixeron unha lenda negra del tachándoo de malvado e de fomentar o tiro na caluga dos seus opositores; no seu mandato reducira o toque das campás. O certo é que ata que estalou a guerra civil, non houbo en Betanzos, no período republicano, nin un só crime.

Apoderado pola Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Na corporación de 1936 foi tenente de alcalde e tiña como compañeiros, entre outras persoas, a: Ramón Beade Méndez (alcalde), encarcerado; Ricardo Bonome Seoane, fuxido; Bernardo Miño Abelenda, executado; Tomás López da Torre, executado.

Paseado.

Cando se produce o golpe do ano 1936, José Novo e Tomás López da Torre (quen tamén fora alcalde de Betanzos polos socialistas) marcharon da cidade, o 22 de xullo, logo de que entraran os sublevados e finalizara a pouca resistencia que puido soportar Betanzos. Interceptáronos en Guitiriz (Lugo) cando viaxaban cara o Principado de Asturias no taxi de Ricardo García Ben, o Paxariño.

Ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o mesmo 22 de xullo e trasladárono ao cárcere de Betanzos o seguinte 27/07/1936.

A López da Torre levárono ao cárcere de Betanzos e, logo, á Coruña, onde o fusilaron en outubro. José-María Novo permaneceu en Betanzos ata o 29 de xullo, cando o sacaron e executaron de madrugada contra o muro do cemiterio de Betanzos. Xunto con el asasinaron o condutor que o trasladou á execución, José Rilo Garabal, o Machacante, dado que nun primeiro momento este negárase a facer a viaxe pois a súa dona era parente de Novo. Semella que a Novo se lle fixo unha simulación de xuízo entre a Garda Civil e o xuíz municipal.

Morte rexistrada ás 05:00 h en Betanzos por mor dunha hemorraxia interna.

Soterrárono no cemiterio de Betanzos.

Despois da execución forzouse ao xuíz local, amigo íntimo de Novo, a que dese fe da celebración dun consello de guerra sumarísimo contra Novo baixo a acusación de fomento da rebelión militar contra dos sublevados e de incendiar a igrexa e mosteiro de San Francisco de Betanzos. Estes feitos ocorreron con posterioridade á saída de Novo e López da Torre da dita cidade. Na realidade os danos provocáronos elementos da dereita, que procedían de Ferrol (A Coruña), para xustificar a represión posterior.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.