← Volver atrás

Nóvoa Gutiérrez, Severino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 11/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro, xornalista e sindicalista, 25 anos. Veciño da rúa Fornos, 4, en Ourense.

Militante do PSOE e das Xuventudes Socialistas (XXSS) ourensás. Presidente da Sociedade de Camareiros, Cociñeiros e Similares de Ourense, vencellada á UXT, da que era membro desde 1935.

Dirixiu, con outros, o xornal satírico antifascista Espartaco.

Detido por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Executado.

Participou na reunión no Goberno Civil de Ourense para organizar a resistencia contra os sublevados. Foxe e agochouse na casa do seu avó paterno en San Martiño de Sabadelle, O Pereiro de Aguiar (Ourense), onde o arrestaron os represores o día 16/03/1937.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 23/07/1937 polo delito de rebelión militar con perversidade e transcendencia, na causa 391/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias e Severino Nóvoa Gutiérrez; penas de 12 anos e un día para: Luis Acuña Novoa, Patricio Arce Susilla e José Pérez Gómez; ditaron auto de absolución para Ramiro Pérez Serrano e declararon fuxido a Luis Vidal.

Fusilárono os franquistas no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Executaron no Campo de Aragón nese día a estas cinco persoas: José González Tesouro, Machadiña; José Fernández Pérez, Pepe da Botica; Severino Nóvoa Gutiérrez; Enrique Nanín Ansias e Gerardo Rodríguez Fernández, Gerinaldo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha