Nacemento:
Morte:
Militar e garda civil, 33 anos. Casado con Isabel Sánchez de Alva Merencio (Cádiz); tiñan dous fillos e unha filla: Gonzalo, Margarita e Roger. Estudou na Academia de Infantería e Toledo, onde ingresa con 19 anos, en 1922 e graduado de alférez en 1924. Participou en moitas das accións das campañas de Marrocos desde 1924 ata 1929. En 1929, xa tenente, Francisco Franco Bahamonde seleccionouno como profesor para a Academia Xeral Militar de Zaragoza. Logo solicitou pasar á Garda Civil, onde ingresa o día 07/03/1930. Ascendérono a capitán o día 06/04/1936 e a finais dese mes destinárono á Comandancia da Coruña.
Golpista.
Na Coruña sorprendeuno a guerra e sumouse desde o primeiro momento aos rebeldes. Ao mando da Garda Civil, o día 21 de xullo tomou os barrios coruñeses da Santa Lucía, Gurugú e logo Santa Margarita e Monelos. Máis tarde, o día 22, ao mando dunha columna de gardas civís e gardas de asalto tomou Betanzos (A Coruña) e, o día 23 de xullo, Sada (A Coruña), onde recibiu o concello das mans do alcalde Antonio Fernández Pita.
Tamén tomou parte en accións na Costa da Morte, onde o acompañaba o tenente Rodrígo Santos Otero, para bater grupos rebeldes que seguían actuando en Vimianzo, Corcubión, Cee, Ponte do Porto e outras poboacións limítrofes. Con estas forzas colaboraron persoas civís, que desde o primeiro momento se ofreceron a traballar co Exército pola salvación de España. Coa mesma rapidez que na cidade da Coruña levouse a cabo a reconquista e pacificación dos pobos da provincia.
O día 28 de setembro de 1936 incorporouse á fronte de Teruel, participando en máis de cen accións de guerra e ferido ata seis veces ao mando da compañía da Garda Civil coñecida como La Calavera.
En 1941 ascendeu a comandante por méritos de guerra, en 1944 a tenente coronel, en 1952 a coronel, no ano 1956 a xeneral de brigada e, pouco despois, a xeneral de división.
De 1961 a 1966 exerceu de subdirector xeral da Garda Civil.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.