← Volver atrás

Otero Goyanes, José-María

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 07/05/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 20/07/1957 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 30 anos. Casado con Sofía Menéndez Meriños; tiveron dous fillos varóns. Irmán do tenente do Corpo Xurídico Joaquín-María Otero Goyanes. Ingresou en 1921 na Escola Naval Militar. Participou nas campañas de Marrocos. Mariño, alférez de fragata en 1924, alférez de navío en 1925 e tenente de navío da Armada en 1930.

Golpista.

Co seu irmán Joaquín-María e co capitán do Corpo Xurídico Tomás Garicano Goñi involucrárase na trama de conspiración contra o Goberno republicano; os tres eran os contactos do golpista Emilio Mola Vidal na cidade da Coruña. Nos días previos ao golpe estes tres rebeldes reuníronse no acoirazado Jaime I, onde tiña o seu destino José-María como oficial de derrota e deron por sentado que o acoirazado se sumaría á sublevación militar.

O comandante do Jaime I cando se produce o golpe de Estado era o capitán de navío Joaquín García del Valle, que non se puxo do lado dos rebeldes. O capitán de corveta Carlos Aguilar-Tablada Tejón era o xefe do buque máis afín ao levantamento militar e, aínda que estaba de permiso, logrou embarcar en Vigo (Pontevedra) antes de que o barco saíra cara Cádiz por orde do Goberno republicano para facer fronte aos rebeldes.

O día 20 de xullo a mariñeiría leal decidiu tomar o barco diante das sospeitas de que os oficiais se aliñaran cos rebeldes e despois de recibir ordes desde o Goberno de Madrid. Os oficias Carlos Aguilar-Tablada Tejón, José Cañas Arce, José-María Otero Goyanes e Carlos Falquina García de Pruneda fixeron fronte coas súas armas desde a ponte do acoirazado. Morreron Aguilar-Tablada e Cañas Arce e aos outros dous, Otero Goyanes e Falquina, feríronos no enfrontamento.

Desembarcado en Tánxer (Marrocos) para curarse das súas feridas, foi quen de fuxir as poucas semanas e sumouse aos alzados en Tetuán.

Durante a guerra civil prestou servizos no Estado Maior da Armada das forzas rebeldes.

No ano 1940 ascendérono a capitán de corveta, en 1945 promovérono a capitán de fragata e en 1955 ascendeu a capitán de navío.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.