Nacemento:
Morte:
Funcionario, 38 anos. Casado con María del Rosario Lugrís Valieri. Veciños da rúa San Andrés, 45, na Coruña. Funcionario municipal no Concello da Coruña; xefe de negociado de 3ª clase, xefe da oficina municipal de Intervención e asesor do alcalde de Pontedeume, Manuel López Seijo, no ano 1936.
Militante de Esquerda Republicana (ER).
Depurado. Paseado.
Segundo a providencia de destitución aprobada polo alcalde Fuciños, conservada no seu expediente persoal, «detenido el día ocho del corriente [polos falanxistas no palacio municipal da Coruña], fue conducido a la cárcel de Pontedeume, donde continúa en prisión para responder de los graves cargos que contra él resultan por haber actuado en aquel municipio [durante os meses de maio, xuño e xullo] como afecto al Frente Popular para perseguir a personas y funcionarios municipales que no eran afectos a dicha ideología extremista […]. Esa misma conducta la había observado antes […] en Ortigueira, al ponerse también durante varios meses al servicio incondicional de los elementos extremistas de aquella villa». Por eses motivos destituírono no seu posto de traballo o 15/08/1936.
Detido polos falanxistas no seu posto de traballo no Concello da Coruña, levárono coas mans en alto, sacárono da cidade nun coche e deixárono preso en Pontedeume (A Coruña). Desta cadea sacárono e paseárono os falanxistas do grupo de Nicolás Pardo Armas na Capela.
Segundo a prensa “En la madrugada de ayer, al ir las fuerzas del destacamento de Pontedeume a recoger armas ocultas señaladas por varios detenidos, al llegar a las inmediaciones de Vilasuso, término de Capela, las fuerzas fueron recibidas con descargas cerradas por los extremistas, viéndose la fuerza obligada a repeler la agresión, resultando muertos”: Ramón Agras Fernández, Manuel Prado Allegue, Celestino Sardiña Navarro e Ramón Sardiña Navarro, que habían aprovechado la confusión para darse a la fuga. Los cadáveres fueron enterrados en el cementerio de Capela». (El Ideal Gallego, 19/08/1936). Os franquistas aplicáronlles a Lei de Fugas.
Morte rexistrada a causa de feridas de bala en Vilasuso, Santiago da Capela, A Capela.
Os catro cadáveres apareceron no cemiterio da Capela, lugar no que os soterraron.
Segundo oficio do 22/08/1936 do Goberno Civil «informa el Jefe de la Línea de la Guardia Civil de Puentedeume, en la madrugada del día 18 resultó muerto en dicho punto al intentar su fuga en ocasión de ser conducido por fuerzas de Falange».
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.