← Volver atrás

Prol Figueiro, José

Alcume: Cabo Chiquitín
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 02/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 22 anos. Veciño do Grove. Mariño da Armada.

Participou nos sucesos do Arsenal de Cartagena (Murcia) en agosto de 1934, cando era cabo, polo que o condenaron a dez anos de cadea polo delito de sublevación. Interno no Arsenal de Cartagena, tentou a fuxida con outros compañeiros de condena.

Foi un dos fundadores das Xuventudes Libertarias (XXLL) do Grove. Militante da CNT e líder do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) no Grove.

Executado.

Despois do golpe militar detivérono os fascistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 16/11/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste procedemento xulgaron: Jacobo Barral Otero, mestre; Ángel Cadavid Caamaño, médico; Jacobo Otero Goday, médico; Miguel Mandías Merino, pintor; José Prol Figueiro, mariñeiro, e Manuel Puente Iglesias, funcionario.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

A José fusilárono os golpistas no quilómetro 1 da estrada de Campañó, en Pontevedra.

Ese día 2 de decembro executaron ás 07:30 h, no quilómetro 1 da estrada a Campañó, as seguintes persoas: Ángel Cadavid Caamaño, médico; José-Gabriel Cespón Pazos, zapateiro; José Crespo Torres, funcionario Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre; José Prol Figueiro, mariñeiro; Manuel Puente Iglesias, funcionario, e Manuel Vázquez Cruz, mecánico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha