← Volver atrás

Puente Abuín, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Santiago de Laxosa, O Corgo
(Lugo)
- 08/12/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 19/08/1957 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, 27 anos. Chegou a Madrid no ano 1925.

Afiliado ao Sindicato das Artes Brancas da UXT e ás Xuventudes Socialistas (XXSS), das que foi presidente en 1935.

Formou parte do Comité Revolucionario de Madrid na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e encarcerárono no cárcere Modelo, en Madrid, ata febreiro de 1936.

Exiliado.

Xefe da Motorizada, milicia de defensa do PSOE e incondicionais de Indalecio Prieto Tuero, da que algúns dos seus membros serían os responsables do asasinato de José Calvo Sotelo; formábana de xeito notable mozos das XXSS.

Na guerra civil esta unidade combateu na fronte de Somosierra (Madrid) para frear o avance golpista. Puente Abuín participou en varias frontes de combate e acadou o grao de coronel.

Pasou a Francia e o ministro de Facenda, Francisco Méndez Aspe, requiriuno para que se fixera cargo do iate Vita no que se evacuaron importantes bens do tesouro público cara México, país ao que chegou o día 23/03/1939. Estes bens servirían de base para a constitución da Xunta de Auxilio aos Refuxiados Españois (XARE).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha