← Volver atrás

Puente Iglesias, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Estrada
(Pontevedra)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 02/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 28 anos. Veciño de Pontevedra. Funcionario do Goberno Civil de Pontevedra. No ano 1933 era axente executivo de cédulas do distrito de Pontevedra, dos concellos de Barros e Portas en 1935 e, de novo de Pontevedra, no ano 1936.

Executado.

Cando se produce a sublevación militar nomeárono delegado do gobernador civil no Grove (Pontevedra).

No momento do golpe militar participou no asalto ao cuartel da Garda Civil do día 20/07/1936, co alcalde Jacobo Barral Otero e con Miguel Mandías Merino, para a requisa de armas na defensa da legalidade diante dos sublevados. Arrestárono os rebeldes.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 17/11/1936 polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste procedemento xulgaron a: Jacobo Barral Otero, mestre; Ángel Cadavid Caamaño, médico; Jacobo Otero Goday, médico; Miguel Mandías Merino, pintor; José Prol Figueiro, mariñeiro, e Manuel Puente Iglesias, funcionario.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Ese día 2 de decembro fusilaron ás 07:30 h, no quilómetro 1 da estrada a Campañó, as seguintes persoas: Ángel Cadavid Caamaño, médico; José-Gabriel Cespón Pazos, zapateiro; José Crespo Torres, funcionario Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre; José Prol Figueiro, mariñeiro; Manuel Puente Iglesias, funcionario, e Manuel Vázquez Cruz, mecánico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha