← Volver atrás

Rico Cobas, Mario

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 17/04/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Caldeireiro, escritor, político e anarcosindicalista, 33 anos. Veciño de Ferrol. Era o maior de catro irmáns, dos que se tivo que encargar pois quedaron orfos. Caldeireiro da construción naval.

Militante da CNT, do Partido Sindicalista (PS) desde 1934 e do Sindicato da Industria Naval de Ferrol. Concelleiro de Ferrol polo PS no ano 1936.

Dirixiu o xornal Cultura Proletaria e colaborou con El Gráfico, Solidaridad Obrera, Ferrol Libre e CNT; tamén estreou varias obras de teatro de temática social.

Defensor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Colaborou coa Escola Racionalista de Ferrol.

Paseado.

Detido o 21/07/1936 polos franquistas, acusárono de sabotaxe e ingresárono na prisión militar do Arsenal ferrolán.

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo a mans da forza pública franquista.

Fusilárono nun monte de San Felipe, en Ferrol, segundo a versión oficial, onde o levaran con outras persoas na procura dun suposto depósito de armas; na realidade asasináronos no cemiterio de Canido.

Segundo a versión oficial morreron nun intento de fuga, pero realmente pasearon en Canido, o día 18/08/1936, a: Guillermo Cedrón Gómez, comerciante; Antonio Fernández Mourente, mecánico; Manuel González Díaz, empregado; Felipe Hermida González, funcionario; Ramón Hermo Miranda, militar; Andrés Iglesias Garrote, militar; Venancio Pérez Blanco, empregado; Carlos Pérez Fachal, electricista; Mario Rico Cobas, caldeireiro e escritor, e José Rico Torrente, militar.

Soterrárono no cemiterio de Canido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha