Nacemento:
Morte:
Político.
Falanxista. Alcalde franquista de Vilarmaior nos anos corenta. Xefe local do Movimiento en Vilarmaior, cargo no que o cesaron en novembro de 1941.
Represor. Axustizado.
En abril de 1942 a Fiscalía Provincial de Taxas sancionouno cunha multa de 5000 pesetas pola venda de aceite e azucre a prezos abusivos.
Alcalde de Vilarmaior nos anos corenta.
O día da morte de Manuel Ponte Pedreira, Xastre, no Fontao, Santo Estevo de Abellá, Frades (A Coruña) o grupo de Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, atenta contra Antonio Riveira Ponte, alcalde de Vilarmaior.
As testemuñas afirman que cinco guerrilleiros presentáronse nunha taberna de Francisco Candedo García, na Torre, onde se atopaba o Riveiriña, identificáronse como membros do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) e despois de pedirlle 4000 pesetas ao propietario da taberna, increparon a Riveiriña, levárono con eles e matárono.
Un dos guerrilleiros identificados foi Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro.
Algunha testemuña declara que Antonio Rivera era moi mala persoa e que o os antifranquistas o mataron polas maldades que tiña feito.
Soterrado no cemiterio de Santa María de Doroña, Vilarmaior.
Abriuse a causa 252/47 no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) por mor do seu asasinato.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.