← Volver atrás

Rodríguez Eiras, José-María

Alcume: Cotexo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Santiago do Carril, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 21/08/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Trabanca, Carril
- 01/01/1967 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fogueiro e sindicalista, 33 anos. Veciño de Trabanca. Irmán de Ramón Rodríguez Eiras e de Secundino Rodríguez Eiras, tamén encarcerados. Traballou de fogueiro naval en barcos de pesca, en parellas de arrastre na Coruña.

Militante da CNT e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Carril. Cadro de El Despertar Marítimo na Coruña.

No ano 1932 participou na fundación do Ateneo de Divulgación Social de Vilagarcía de Arousa.

Arrestado en varias ocasións pola súa participación folguista, trasladouse á Coruña.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do alzamento sediciosos foxe e agóchase.

Xulgado en varias causas co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O día 03/06/1937, con outros compañeiros, asaltou o barco Constante F. Veiga nº 4 no que estaba enrolado e pasaron a Brest, Bretaña (Francia).

Regresa a Barcelona e loita nas frontes do centro e de Levante no exército republicano na 38ª Brigada Mixta e na 59ª Brigada Mixta, brigadas que pasaron por varias divisións e corpos de Exército. Comisario político da 82ª Brigada de Montaña.

Detido en Alacante polas tropas fascistas, retómase o seu procesamento en Galicia.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo no ano 1941 en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 886/39, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua.

En novembro de 1944, despois de pasar polas cadeas de Pontevedra e o penal do Forte de San Cristóbal, en Pamplona (Navarra), consegue a liberdade condicional.

Ese mesmo ano 1944 ingrésano na cadea en Santiago de Compostela (A Coruña).

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela na causa 259/44; acusábano de colaborar coa guerrilla antifranquista da zona de Silleda e a reorganización da CNT en Vilagarcía de Arousa,.

O tribunal condenou a seis anos de cadea a José Vidal Bugallo. Tamén procesaron a: Ramón Díaz Hermo, Santiago Rey N. e José-María Rodríguez Eiras.

Novamente detido en marzo de 1947, torturado e condenado en 1948 en Vigo a tres anos de prisión. Ingresárono no penal de Santoña (Cantabria).

Liberado definitivamente no ano 1952.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.