← Volver atrás

Rodríguez Moledo, Urbano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Nosa Señora do Carme de Seixo, Marín
(Pontevedra)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 10/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, escritor e sindicalista, 34 anos. Solteiro. Veciño de Vigo; estableceuse en Vigo durante a II República, na rúa Travesía do Pino, 3. Empregado do Concello de Vigo.

Escritor galego vencellado ás Irmandades da Fala. Poeta, dramaturgo e autor dunha zarzuela, destacou no teatro; tamén colaborou en varios xornais.

Activista das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Marín. Militante do PSOE en Vigo. Animador social e cultural, presidiu o Ateneo Cultural Deportivo de Santa Cristina de Lavadores, en Vigo. Dirixente da UXT.

Executado.

Despois do golpe rebelde e tras da morte do industrial da litografía da conserva, Estanislao Núñez Barrios, no asalto que se produce ao seu chalé o día 22/07/1936 e da que foron protagonistas membros da resistencia popular contra os sublevados, a Urbano arrestárono con outras 25 persoas.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar (acusado do ataque á casa de Estanislao Núñez, que morre no enfrontamento), na causa 539/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Manuel Moreda Outeiral, Constante Moreda Vázquez, José Moreda Vázquez, Urbano Rodríguez Moledo e Antonio Sayar Carrera.

A súa acusación baseábase en que era “presidente de la sociedad comunista Ateneo Cultural de Lavadores, en cuyo local se repartían armas a los revolucionarios”.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilado ás 08:00 h no Monte do Castro, en Vigo.

Morte rexistrada en Vigo por mor de hemorraxia interna.

Nesta data e lugar asasinaron a: Manuel Moreda Outeiral, xornaleiro, e os seus fillos Constante Moreda Vázquez, contratista de obras, e José Moreda Vázquez, contratista de obras. Tamén morreron Manuel Acuña Gómez, pintor; Fernando Costas Méndez, carpinteiro; Luis Ferreira Viéitez; José González Andreu, zapateiro; Luis Martínez Román, albanel; Manuel Núñez Álvarez, panadeiro; Urbano Rodríguez Moledo, empregado e xornalista, e Antonio Sayar Carrera, labrego.

Soterrados no cemiterio de Pereiró, en Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.