← Volver atrás

Romero Abella, Josefa

Perfil histórico: Sen participación directa

Datos persoais

Nacemento:

Corcubión
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou en Ferrol (A Coruña) o día 31/03/1917 co capitán de corveta, falanxista e militar golpista Guillermo Díaz del Río Pita da Veiga. Ao seu pai, Manuel Romero Castro, que era fotógrafo e alcalde de Corcubión de 1931 a 1933, sancionárono cunha multa de 2500 pesetas; á súa irmá Mercedes Romero Abella, paseárona o día 19/11/1936, e a outra irmá, María del Rosario Romero Abella, depurárona como mestra.

En xullo de 1936 o seu home era o director da Escola de Mariñeiría da Base Naval de Ferrol; desde o primeiro momento e partidario do alzamento militar dos rebeldes, participou na defensa do Arsenal de Ferrol desde a porta do dique fronte as forzas leais á República do acoirazado España e do cruceiro lixeiro Almirante Cervera, que tiñan á súa fronte ao oficial 3º de artillería Dionisio Mouriño González ao que Díaz del Río abateu dun afortunado disparo, desbandándose as forzas leais; por este mérito pistoleiro recibiu a Medalla Militar individual.

No desenvolvemento da guerra civil Díaz del Río foi comandante do transporte lixeiro Contramaestre Casado e do Plus Ultra; ascendérono a capitán de fragata en xaneiro de 1937, mandou o canoneiro Dato e sería segundo comandante do Canarias e, logo, comandante do Júpiter e do Císcar.

O seu home acadou o grao de capitán de navío en outubro de 1939, contra-almirante en xullo de 1944, vicealmirante en xullo de 1950 e almirante en xuño de 1953.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha