Nacemento:
Morte:
Taxista e sindicalista, 33 anos. Sobre o ano 1931 chegou a Vigo. Empregado das Factorías Vulcano.
Militante da CNT, dirixente do Sindicato Metalúrxico e secretario do Sindicato de Oficios Varios en Vigo. Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL) e da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Ao longo da súa carreira sindicalista, detivérono en varias ocasións por cenetista.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Cando se produce o alzamento rebelde participou fronte aos golpistas na resistencia en Teis e Lavadores, en Vigo; colaborou nos asaltos aos cuarteis para facerse con armas e loitou nas barricadas.
Cando se produce o triunfo do golpe, foxe aos montes da Madroa.
O día 12/04/1937 os sediciosos organizaron unha batida en San Xoán do Monte, en Vigo, na súa procura e na dos seus compañeiros Antonio Iglesias González e Ernesto Rodríguez Vázquez. Aos veciños que os acubillaban: José Niebla García e a súa dona Ángela Iglesias Rebollar, prendéronos e asasináronos no Monte da Guía.
O día 19/04/1937 os represores asasinan, por mor dunha delación, aos seus compañeiros de grupo Olegario Collazo Lago, Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas, en San Xoán do Monte.
Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas en setembro de 1937.
A finais de xaneiro de 1939 participa nun atraco a unha taberna en Santa Mariña de Cabral, en Vigo, onde o recoñecen; no desenvolvemento do atraco morreu Meira, propietario do establecemento.
O día 03/04/1939, cando se refuxiaba con Antonio Iglesias González na casa de Lucía Domínguez Eiroa, no Toural, San Salvador de Teis, en Vigo, acurraláronos forzas da Garda Civil e remataron por suicidarse.
O Tribunal Militar Territorial de Vigo incoou a causa 305/39 por mor do seu pasamento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.