← Volver atrás

Sacaluga Rodríguez, Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Cádiz
- 18/10/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cartagena
(Murcia)
- 29/04/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 53 anos. Casado; tiñan nove fillos. Veciños de Cartagena. En 1932 era comandante de máquinas e destinárono ao acoirazado Jaime I como xefe de máquinas, cargo que ocupou ata o día 02/07/1937. Logo ascendérono a tenente coronel.

Republicano e membro da masonería.

Executado.

O comandante do Jaime I cando se produce o golpe de Estado era o capitán de navío Joaquín García del Valle, que non se puxo do lado dos rebeldes. O capitán de corveta Carlos Aguilar-Tablada Tejón era o xefe do buque máis afín ao levantamento militar e, aínda que estaba de permiso, logrou embarcar en Vigo (Pontevedra) antes de que o barco saíra cara Cádiz por orde do Goberno republicano para facer fronte aos rebeldes.

O día 20 de xullo a mariñeiría leal decidiu tomar o barco diante das sospeitas de que os oficiais se uniran aos rebeldes e despois de recibir ordes desde o Goberno de Madrid. Os oficias Carlos Aguilar-Tablada Tejón, José Cañas Arce, José-María Otero Goyanes e Carlos Falquina García de Pruneda fixeron fronte coas súas armas desde a ponte do acoirazado. Morreron Aguilar-Tablada e Cañas Arce e os outros dous, Otero Goyanes e Falquina, feridos no enfrontamento.

Cando chegaron a Tánxer (Marrocos), os mariñeiros deixaron en liberdade aos oficiais republicanos Tomás Acción Golpe, Benito Sacaluga Rodríguez, o capitán médico José A. Solana Gutiérrez-Solana e o tenente maquinista Ricardo Castro Calvelo.

En 1937 ascendeu a tenente coronel e nomeárono xefe dos Servizos de Inspección de Máquinas da Frota Republicana. En 1938 dirixiu a Escola Naval Popular de Cartagena. Pertenceu ao Estado Maior da Frota, con base no cruceiro lixeiro e buque insignia Libertad. Participou na Batalla do Cabo de Palos, en marzo de 1938, cando os republicanos afundiron o cruceiro pesado rebelde Baleares.

En marzo de 1939 negouse a fuxir a África coa frota republicana pois defendía que el non fixera nada ilegal e que non tiña por que fuxir.

Detido polos franquistas.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Cartagena o día 05/04/1939 polos delitos de traizón e rebelión militar, na causa 4/39, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado por un pelotón da Infantería de Mariña no campo de deportes do Arsenal de Cartagena, ás 10:00h, co cabo fogueiro Juan Escobar Rodríguez (Mazarrón, Murcia).

Tiña 56 anos e levaba 38 anos na Armada.

Soterrárono en Cartagena, semella que nunha fosa común do cemiterio dos Remedios.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.