← Volver atrás

Salcedo Molinuevo, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Salamanca
- 15/07/1871 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 09/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 65 anos. Veciño da Coruña. Casado con Amalia Portela. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Veterano da Guerra de Cuba e da Guerra de Marrocos. En 1928 era xa xeneral de división.

Cando se proclama a II República destinárono como gobernador militar a Tarragona. Amigo do xeneral José Sanjurjo Sacanell, non participou na "Sanjurjada" de agosto de 1932. O día 11/01/1936, próximo a xubilarse, nomeárono xeneral en xefe da VIII División Orgánica, con se na Coruña; confirmárono no cargo despois do triunfo da Fronte Popular (FP).

Executado.

Estaba ao tanto da tentativa de sublevación militar e, co xeneral Rogelio Caridad Pita, decidiu que se fixeran vixilancias periódicas das guarnicións. Cando se produce o golpe rebelde, non o secundou, condicionado polo fracaso da "Sanjurjada" e porque lle quedaba menos de un ano para xubilarse. Mantívose nunha situación de indecisión desde un primeiro momento xa que entendía que o alzamento tiña visos de ser un fracaso, como o foran xa os intentos anteriores; ademais o xeneral de brigada Rogelio Caridad Pita tratou de convencelo sempre de que se mantivera fiel á República.

Esperaba instrucións do seu amigo José Sanjurjo Sacanell, pero este morría nun accidente aéreo en Estoril (Portugal) o día 20/07/1936. Conminado por telegrama por Gonzalo Queipo de Llano Sierra e por teléfono por Emilio Mola Vidal, para que se unira á sublevación militar. Salcedo e o gobernador militar Rogelio Caridad Pita garantíndolle ao gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, a súa solidariedade coa República.

Reducido no seu despacho por oficiais subordinados e rebeldes que o conminaron para que se unise á sublevación, o que rechazou. Arrestárono e levárono a Ferrol co xeneral Caridad Pita, xefe da 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica na Coruña. O día 27/07/1936 trasladáronos no buque prisión Plus Ultra, da Compañía Trasmediterránea, e encarceráronos, despois, no Castelo de San Felipe, en Ferrol.

Xulgado en Ferrol en consello de guerra sumarísimo o día 24/10/1936 polo delito de traizón, na causa 413/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo procesaron a Enrique Salcedo Molinuevo, xeneral de división e condenado á pena de morte; a Rogelio Caridad Pita, xeneral de brigada e condenado tamén á pena de morte e ao coronel de Artillería, Adolfo Torrado Atocha, condenado a cadea perpetua.

O fiscal do proceso era o auditor militar Hernán Martín-Barbadillo Pául, que solicitou a pena de morte para os dous xenerais por traizón e prisión maior a morte para o coronel por desobediencia de rebeldes ou sediciosos. Na vista non se fixeron interrogatorios nin a testemuñas nin aos propios acusados.

Fusilado previa degradación e por non secundar o golpe militar, no Castelo de San Felipe, en Ferrol, con Caridad Pita, ás 08/00 h do día nove de novembro.

Soterrárono no cemiterio da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.