← Volver atrás

Salgado del Moral Biempica, Félix-Segundo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Executado

Nacemento:

Ceuta
(Ceuta)
- 01/12/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

León
(León)
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 27 anos. Veciño de Ourense. Mestre nacional de Castrelo de Miño (Ourense). A súa familia era das máis potentes do Val do Limia e Ourense, os Salgado Biempica.

Colaborador e redactor de Escuela del Trabajo.

Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja presidiu as Xuventudes da Unión Patriótica de Ourense. Máis tarde evolucionou cara o PCE. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO), onde era da liña máis radical con Baltasar Vázquez Fernández e Luis Soto Fernández.

Depurado. Executado.

Cando se produce o alzamento militar despedírono como mestre e alistárono forzosamente no exército golpista.

Acusado de berros contra a guerra, animando á deserción e dar vivas ao comunismo, fusilárono no campo de tiro de Puente Castro (León).

Soterrárono nunha fosa común en León.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha