← Volver atrás

Salgado Fariñas, Sixto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Verín
(Ourense)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 17/06/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 28 anos. Veciño de San Fiz de Pazos, Verín.

Presidente do Sindicato de Oficios Varios de Verín.

Executado.

Acusado, con outros, de ofrecer resistencia ao golpe militar.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 22/05/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1021/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal deste procedemento condenou á pena de morte a: Juan-Antonio Álvarez Diéguez, Lino García Vázquez e Carlos Reino Caamaño; penas de cadea perpetua para: Celso Blanco Castro, Manuel Cabido Rodríguez, Manuel Cadavid García, Enrique-José Cardoso Gangosa, Constantino Gago Gago, Ricardo González González, Adolfo Iglesias Rodríguez, Manuel Iglesias Rodríguez, Ramón Quintas González, Gerardo Rodríguez Barja, Manuel Sola Pareja e Francisco Vaz Álvarez; pena de 20 anos de cadea para Pedro-José Justo Castro; castigos de 15 anos de prisión para: Gregorio Barreira Martínez, José Pérez Delgado e José Sola Pareja; ditaron autos de sobresemento para: Vicente Astorga Raya, Antonio Hervella Prieto, Manuel López García, Luis Parada Fernández, Juan Rodríguez Rodríguez, Ramón Romero Gago, Emilio Seoane Cadavid e Manuel Seoane Cadavid; asinaron a absolución para: Eduardo Gago Fernández e Sergio Pérez Díaz; declararon fuxidos a: José Álvarez, Manuel Álvarez Losada, Francisco Castro Puente, Aurelio García, José García, Manuel Justo, Máximo López García, José Perdiz Varela, Manuel Prieto Lorenzo, Manuel Rivero, Juan-Antonio Rodríguez, Álvaro Rodríguez Feijoo, Antonio Rodríguez García, Sergio Romero Álvarez e Carlos Silva. Tamén enxuizaron neste procedemento a: Julio Cao Cao, José Dobarrio Lorenzo e Avelino Sola Castro.

Fusilárono os golpistas no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense, con outras catro persoas.

Os asasinados nese día e lugar foron: Juan-Antonio Álvarez Diéguez, empregado e tenente de alcalde de Verín; Lino García Vázquez, comerciante e xornalista; Ernesto Ramos Méndez, carpinteiro e concelleiro de Verín; Carlos Reino Caamaño, médico e alcalde de Verín, e Sixto Salgado Fariñas, carpinteiro.

A todos eles condenáronos á pena de morte no mesmo consello de guerra, acusados de ordenar a requisa de armas e a detención de persoas significativas das dereitas de Verín ao inicio do golpe militar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.