← Volver atrás

Senra Martínez, Modesto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Cariño
(A Coruña)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 06/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 37 anos. Casado; tiñan cinco fillos. Veciños de Cariño. Mestre de obras.

Militante da CNT e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Cariño.

Participou activamente na folga xeral revolucionaria do mes de outubro de 1934 na súa localidade.

Paseado.

Prendérono os franquistas despois do alzamento militar sedicioso.

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas provocadas por arma de fogo.

O día 6 de setembro fusilaron nos muros do cemiterio de Canido, en Ferrol, aos seguintes veciños de Cariño: Francisco Anido Pérez, chofer; José Casal Casas, mariñeiro; Jesús Díaz Pérez, mariñeiro; Francisco Novo Lozano; Adelino Pérez Breijo; os irmáns Antonio Pita Armada, toneleiro; Luis Pita Armada, mariñeiro, e Manuel-Francisco Pita Armada, industrial; Jesús Quiza Picos, mariñeiro; Modesto Senra Martínez, albanel; José-Antonio Timiraos, mariñeiro.

Outras fontes indican que nacera no ano 1882.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha