← Volver atrás

Tojo García, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

San Vicenzo de Arceo, Boimorto
(A Coruña)
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lapido, San Xoán de Ortoño, Ames
(A Coruña)
- 20/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 42 anos. Veciño de Arceo.

Síndico polo PSOE nas corporacións de 1931 e 1932. Concelleiro de Boimorto polo PSOE cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Boimorto de 1936, entre outras persoas, a: Pedro López Bodelo (alcalde), encarcerado; José Cabanas Vázquez, encarcerado; Ramón Vázquez Garea, asasinado; Manuel Espiñeira López, asasinado; Antonio Felpete Budiño, asasinado; José Barreiro Pérez, asasinado; Juan Martínez Bao, asasinado; Ramón Enjamio Pombo, asasinado; Ramón Sánchez Rapela, asasinado.

Paseado.

Entrou na lista dos 17 de Emilio Freire, cura de San Miguel de Boimil e de San Martiño de Andavao, as dúas en Boimorto. Convocado polos falanxistas á reunión preto da escola da Gándara, Santiago de Boimorto, Boimorto.

Morte rexistrada nas Voltas de Lapido por mor dunha hemorraxia interna por desintegración de vísceras torácicas e abdominais de orixe traumática.

Inscrito como un cadáver dun descoñecido. Identificárono o día 31/01/1946.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha