← Volver atrás

Torres Liste, Albino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda Civil. Veciño da Coruña. Ordenanza da Garda Civil destacado en abril de 1936 no Goberno Civil da Coruña.

Encarcerado.

Na noite do 18 ao 19 de abril de 1936, pretendíase dar un golpe militar en toda España programado por Emilio Mola Vidal e outros xenerais. O golpe comezaría en Madrid e estenderíase por toda España. Na Coruña os xefes eran Benito de Haro Lumbreras e José Rañal Lorenzo, da Garda Civil.

O plan era que, baseando os movementos de tropas nun previsible ataque dos comunistas ao Goberno Civil, Albino Torres, destacado no pazo gobernamental, debería permitir o acceso aos golpistas, que eliminarían ao refén nomeado gobernador civil Francisco Pérez Carballo. O intento de dar morte ao gobernador, nun primeiro momento encargáronllo ao propio Albino.

Diante deste cometido Albino Torres pechouse na súa casa, sen intención de facer o que lle pedían. Rañal ordenou que o encerraran no cuartel para que non puidese confesar as intencións rebeldes e liberárono unha vez que a tentativa se deu por paralizada, sobre as 04:00 h do día 19, cando desde Madrid se decidiu parar o golpe por falta de apoios.

Días despois Juana Capdevielle Sanmartín, muller do gobernador civil, visitouno na súa casa e acompañou a Torres Liste a Madrid para entrevistarse co presidente do Goberno, Santiago Casares Quiroga.

Isto creou un claro ambiente de nerviosismo entre os rebeldes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha