← Volver atrás

Unamuno Jugo, Miguel de

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Bilbao
(Biscaia)
- 29/09/1864 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Salamanca
- 31/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritor e filósofo, 71 anos. Reitor da Universidade de Salamanca.

Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 pola Conxunción Republicana Socialista (CRS). Proclamou a II República en Salamanca. Deputado de 1931 a 1933, cando desencantado cos gobernos republicanos decide non presentarse á reelección. Crítico co Goberno de Manuel Azaña Díaz. En febreiro de 1935 asiste ao acto de presentación de Falanxe Española en Salamanca.

Depurado.

Cando se produce o golpe dos militares sublevados os rebeldes cesaron o goberno municipal do Concello de Salamanca e Unamuno acepta a acta de concelleiro que lle ofrecen os golpistas. No verán de 1936 fai un chamamento aos intelectuais europeos para que apoien a sublevación.

Logo das actividades represoras que levan a cabo os rebeldes en Salamanca, decepciónase cos sublevados e ve como a moitos dos seus amigos os fusilan. Suplícalle a Francisco Franco Bahamonde clemencia para os seus amigos encarcerados e o que consegue e que Franco o cese como reitor o día 22/10/1936.

O día 12/10/1936 no acto de apertura de curso da Universidade de Salamanca enfróntase publicamente ao xeneral José Millán-Astray Terreros, quen se atreveu a decir "muera la inteligencia; viva la muerte". Unamuno contetou coa frase: “Vencereis pero no convencereis. Vencereis porque teneis sobrada fuerza bruta, pero no convencereis porque convencer significa persuadir. Y para persuadir necesitais algo que os falta en esta lucha, razón y derecho. Me parece inutil pediros que penseis en España”.

Os últimos días da súa vida pasounos en arresto domiciliario na súa casa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha