← Volver atrás

Valle Valle, Clotilde

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Carballeda de Valdeorras
(Ourense)
- 22/03/1922 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrega, 14 anos. Veciña de Casaio Suso, Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras. Filla de Encarnación Valle Carrera, paseada. Irmán de Celia Valle Valle, de César Valle Valle e de María Valle Valle, encarcerados. Cuñada de Manuel Álvarez Arias, Bailarín, fusilado.

Encarcerada.

No ano 1939, para librarse da represión sobre a súa familia, marchou cara Portugal coa súa irmá María, e as súas curmás África Álvarez Valle e Ludivina Valle Fernández; aos poucos días denunciáronas e os gardas portugueses devolvéronas a España.

Presa máis dun ano en Ponferrada (León).

Algunhas testemuñas manifestan que, cando o seu cuñado Bailarín estaba no monte, Clotilde era a moza de Manuel Girón Bazán. Certos autores defenden que sería ela a que avisou á guerrilla de que o seu cuñado quería delatalos, o que lles permitiu aos fuxidos escapar dos represores. A propia Clotilde negou estas falsidades.

Xulgárona en consello de guerra en León o día 23/07/1942 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 373/41, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea.

Condenaron á mesma pena a África Álvarez Valle, Celia Valle Valle e Belarmino Vega Núñez.

Presa en Astorga, Amorebieta e Segovia; as mesmas cadeas na que a acompañou Celia.

Saíu do cárcere con 25 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha