← Volver atrás

Vázquez Mouzo, Cándido

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vimianzo
(A Coruña)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vimianzo
- 03/12/2014 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 22 anos. Veciño de Vimianzo.

Republicano.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 12/12/1947, na causa 200/47, na que se procesaron nada menos que a 69 persoas: 16 de Vimianzo, oito de Laxe, 17 de Zas, seis de Cabana de Bergantiños e dous de Corme, entre outras persoas; todos eles acusados, en distinto grao de implicación, de “auxilio a malhechores” que se aloxaban en Santa María de Baio, Zas, en cinco vivendas diferentes. A Cándido castigárono a 12 anos de cadea.

Neste procedemento condenaron a 20 anos de cadea a Manuel Lorenzo Pérez; a 15 anos a Manuel García López; a 12 anos e un día a Cándido Vázquez Mouzo; pena de seis anos para Balbina-María Pedro Carril; absolveron a: Fernanda Carril Devesa, María Ponte Pedreira e Ramón Suárez García; tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: Celia Álvarez Vivero, Manuel Pereira Doval e Carmen Trillo.

Para ver todos os procesados na causa 200/47 dirirxe á ficha de Alfredo Agra Blanco.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha