← Volver atrás

Álvarez Vivero, Celia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

A Mourela, Santa María de Neda, Neda
(A Coruña)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Taberneira, 21 anos. Veciña da Mourela. Rexentaba un establecemento de bebidas na Mourela cunha irmá.

Encarcerada.

Na etapa da posguerra traballou de correo para a guerrilla antifranquista na zona de Neda.

Despois da morte en abril de 1947 de Manuel Ponte Pedreira a Garda Civil descubriu o nome de moitos enlaces, que Ponte levaba anotados nun caderno que lle atoparon. Un deses nomes era o de Celia e as forzas represoras detivérona na Mourela, o día 24/04/1947, e ingresárona na Prisión Provincial da Coruña.

Acusárona de ser enlace e estafeta de Francisco Rey Balbís, Moncho.

Xulgada en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 12/12/1947, na causa 200/47, na que se procesaron nada menos que a 69 persoas: 16 de Vimianzo, oito de Laxe, 17 de Zas, seis de Cabana de Bergantiños e dous de Corme, entre outras persoas; todos eles acusados, en distinto grao de implicación, de “auxilio a malhechores” que se aloxaban en Santa María de Baio, Zas, en cinco vivendas diferentes.

Neste procedemento condenaron a 20 anos de cadea a Manuel Lorenzo Pérez; a 15 anos a Manuel García López; a 12 anos e un día a Cándido Vázquez Mouzo; pena de seis anos para Balbina-María Pedro Carril; absolveron a: Fernanda Carril Devesa, María Ponte Pedreira e Ramón Suárez García; tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: Celia Álvarez Vivero, Manuel Pereira Doval e Carmen Trillo.

O fiscal pediu para ela pena de seis anos; finalmente castigárona a sete meses de prisión menor.

Semella que se acolleu a algunha redución de pena xa que o día 27 de decembro saíu da cadea.

Para ver todos os procesados na causa 200/47 dirirxe á ficha de Alfredo Agra Blanco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha