← Volver atrás

Veiga Mejuto, Antonio

Alcume: Cacharrón, Antonio Pérez
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Puntal, Santa María de Neda, Neda
(A Coruña)
- 30/08/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 21 anos. Ao seu irmán Agustín Veiga Mejuto fusilárono o día 05/03/1938 no Castelo de San Felipe, en Ferrol, xunto con Pedro Dobarro Regueira e outras persoas.

Militante do PCE.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Antonio comezou a facer de enlace da guerrilla antifranquista na zona de Ferrol.

No ano 1948, cando ían arrestalo, botouse ao monte e integrouse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), no grupo de Francisco Martínez Leira, Pancho.

Na casa dun tío seu, que tiña o seu domicilio en Aneiros, nun monte preto de San Salvador de Serantes, Ferrol, os guerrilleiros tiñan un dos seus refuxios.

Abateuno a Garda Civil nunha celada no Puntal o día 30/08/1951 xunto con tres compañeiros: José-Antonio Castro López, Tucho; José Sancho Riera, o Valenciano, e José Freire Barcia, Pepiño.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Neda.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha