Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 36 anos. Veciño de Cedeira.
Presidente da Alianza Obrera y Campesina.
Concelleiro, síndico e tenente de alcalde de Cedeira polo PCE cando se produce o golpe de Estado de 1936.
Tiña como compañeiros da Corporación de Cedeira de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Fernández Freijeiro (alcalde), executado; José-Cipriano Durán Fraguela, executado; Jesús Lourido Arriví, asasinado; Nicasio Pérez Senra, asasinado; José Lago Beceiro, executado; José López Teijeiro, asasinado; Andrés Arriví Caneiro, encarcerado; Antonio Pérez Muíño, encarcerado.
Paseado.
Formou parte do Comité de Defensa da República en Cedeira contra dos sublevados. Neste comité tamén figuraban o alcalde Manuel Fernández Freijeiro, próximo a Esquerda Republicana (ER) e logo fusilado, e José Bernabé Martínez, que tamén formaba parte da corporación. Proclamaron nun bando a declaración de estado de guerra.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 296/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Os franquistas internárono no Plus Ultra.
Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas por arma de fogo a mans da forza pública franquista.
Con el fusilaron a Jesús Lourido Arriví.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.