Nacemento:
Morte:
Político e avogado, 43 anos. Casou en 1924 con Eladia Pereira Miranda. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Simpatizante e amigo de José Calvo Sotelo; a mediados dos anos vinte nomeárono concelleiro de Noia. Elixido alcalde de Noia o 16/04/1930. Integrado na Unión Monárquica Nacional (UMN) presentouse ás eleccións municipais do 31 de maio de 1931 (despois da impugnación das do 12 de abril) e elixírono alcalde; manifestou o seu apoio á República e integrouse no Partido Republicano Radical (PRR).
Mantivo unha grande amizade con Gerardo Abad Conde; logo achegouse ao republicanismo progresista de Santiago Casares Quiroga e elixírono membro do Comité Executivo Provincial do Partido Republicano Galego (PRG) en marzo de 1933. Rematou en Esquerda Republicana (ER).
Coa formación da Fronte Popular (FP) participou activamente na campaña electoral, elixido alcalde de Noia.
Tiña como compañeiros na Corporación de Noia de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Mariño Boullón, fuxido; Francisco Fernández Rodríguez, encarcerado; José Vieites Malvárez, sancionado; José Pedreira Bures, procesado; Francisco Martínez Agra, fuxido; Miguel Vázquez Valiño, exiliado; Severino Iglesias Siso (que o substituíu na alcaldía de Noia), procesado e fuxido; Isidoro García Castelo, fuxido; José Mato Blanco, encarcerado.
Exiliado.
Nomeado gobernador civil de Ciudad Real o día 02/06/1936, enfrontouse aos falanxistas sublevados e organizou unha columna de milicianos para defender a provincia. En outubro de 1936 destinárono a outra función dentro do executivo republicano. Pasou a guerra civil en territorio republicano.
Ao remate da contenda española pasou a Francia onde organizou e apoiou aos refuxiados galegos.
Logrou saír exiliado rumbo a Chile coa súa familia, onde fixo unha intensa labor antifranquista e foi presidente do Centro Republicano. Marchou para o exilio xunto con Severino Iglesias Siso, compañeiro de corporación.
En Chile, con Ramón Suárez Picallo, emitiron o programa de radio Galicia en el Aire pola famosa emisora La Americana.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.