← Volver atrás

Vilar Pazos, Saturnino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Lousada, San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro. Irmán de Juan Vilar Pazos, fuxido e morto no monte en 1943; Manuel Vilar Pazos, fuxido a Francia no Santa Teresa; Jesús Vilar Pazos, desaparecido; María Vilar Pazos, represaliada por axudar aos seus irmáns e Leocadia Vilar Pazos, represaliada tamén por axudar aos seus irmáns. Curmán de Antonio Vilar Pereira, tamén fuxido no Santa Teresa.

Fuxido.

Despois do triunfo da sublevación militar escondeuse no monte. O seu irmán Juan enfermou por mor dunha ferida, e aínda que o curou o médico da Cruz do Pouso, Xuvia, Santa María de Neda, Neda (A Coruña), morreu en 1943. Foi o seu irmán Manuel quen fixo a súa propia caixa e enterrárono nunha chousa dos Eive Vilar, tamén fuxidos.

Ocultouse na súa casa nun agocho que fixo el mesmo. A Garda Civil realizou rexistros no seu domicilio pero nunca conseguiron atopalo.

No ano 1947 entregouse, no momento no que se ditaba unha amnistía.

Sería un dos poucos casos coñecidos de "topos" na zona do Eume.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha