← Volver atrás

Zulueta Iturregui, Julián

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariño. Veciño de Cudillero (Principado de Asturias). Primeiro oficial do mercante Genoveva Fierro.

Procesado.

O barco mercante Genoveva Fierro facía a travesía de Santander (Cantabria) a Valencia con 200 pasaxeiros; tamén transportaba munición para o exército republicano. Ao mercante abordouno o destrutor franquista Velasco o día 03/09/1936 e conducírono ao porto de Ferrol (A Coruña).

Aos pasaxeiros deste mercante Jaime Bosch, Bautista Folch, Hipólito-Jesús Froufe Espinazo e Esteban Mayorga xulgáronos en Ferrol, condenáronos á pena de morte, executáronos o día 12/09/1936 e soterráronos no cemiterio de Canido, en Ferrol.

Tamén xulgaron en Ferrol a varios membros da tripulación polo delito de adhesión á rebelión, de igual xeito co resultado de sentenza á pena de morte e executáronos no Arsenal de Ferrol.

O día 5 de febreiro executaron a: Enrique Callealta Gutiérrez, mariñeiro, Nemesio Fernández Garaño, mordomo, e Eloy Gutiérrez Noriega, radiotelegrafista.

Neste procedemento ditaron sentenza de sobresemento provisorio e puxeron en liberdade a: José-Antonio Méndez Santamarina, mariñeiro, e Julián Zulueta Iturregui, 1º oficial.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha