← Volver atrás

Alba Digón, Consuelo

Alcume: Chelo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

San Miguel, Santa María de Vilarello, Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Illa de Ré
(Charente Marítimo, Francia)
- 01/01/2019 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrega, 49 anos. Casada con Juan Gutiérrez Santín, asasinado o 20/08/1936; tiñan tres fillos e dúas fillas: Abelardo, Jovino, Florinda, Domitila e Baldomero. Veciños de Vilarello.

Encarcerada. Exiliada.

Nai dos irmáns Abelardo, Baldomero, Jovino, Florinda e Domitila Gutiérrez Alba. Despois do fusilamento do seu home, represaliado durante a guerra polos fascistas, e logo de sufrir varias requisas, os seus fillos Abelardo, Baldomero e Jovino botáronse ao monte. Abelardo e Jovino eran da CNT e combateron no Principado de Asturias despois da rebelión militar.

Diante da presión dos falanxistas, que trataban de dar co paradoiro dos seus fillos varóns, en 1937 uniuse á partida destes coas súas fillas Florinda e Domitila e o seu irmán Segundo Alba Digón.

O día 29/04/1939 prendérona coas súas fillas e ingresárona na Prisión Provincial de Lugo acusada de roubo, homicidio e auxilio a fuxidos.

Trasladada ao campo de concentración da praia de Arnao, Figueras, Castropol (Principado de Asturias) o día 01/07/1940.

En 1940 conseguiu exiliarse en Francia.

No ano 1945 procesouna o Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo polo delito de agresión á forza pública, na causa 180/45, con Abelardo, Jovino e Domitila. Declarárona en rebeldía segundo resolución do 17/05/1975.

Neste xuízo procesaron e declararon fuxidos e en rebeldía a: Consuelo Alba Digón, os seus fillos Abelardo Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba, Domitila Gutiérrez Alba e Jovino Gutiérrez Alba; o tío destes e irmán da primeira, Segundo Alba Digón e a Corsina Martínez.

Advertida na requisitoria de que de non presentarse sería declarada fuxida e en rebeldía.

Xulgada polo Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de atraco, na causa 294/45, co resultado de declaración en rebeldía segundo resolución do 01/09/1945.

Regresou a Barcelona en 1947, detivérona, xulgárona e condenárona a 20 anos de prisión.

Logo exiliouse en Francia e faleceu na Illa de Ré aos 99 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.