Nacemento:
Morte:
Obreiro, 27 anos. Veciño de Cervantes. Fillo de Juan Gutiérrez Santín, fusilado en 1936 e de Consuelo Alba Digón, exiliada.
Militante da CNT.
Fuxido. Morte en combate.
Miliciano republicano na guerra civil na fronte asturiana, no 210º Batallón Asturias.
Despois do fusilamento do seu pai en 1936, represaliado durante a guerra e de sufrir varias requisas, botouse ao monte cos seus irmáns Baldomero Gutiérrez Alba e Abelardo Gutiérrez Alba, coa súa irmá Domitila Gutiérrez Alba, a súa nai e o seu tío materno Segundo Alba Digón.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polos delito de atraco, na causa 1051/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 15/05/1940.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polos delitos de atraco e homicidio, na causa 151/41, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 22/10/1941.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de agresión ás forzas armadas, na causa 180/45, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 17/05/1945.
Neste xuízo procesaron e declararon fuxidos e en rebeldía a: Consuelo Alba Digón, os seus fillos Abelardo Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba, Domitila Gutiérrez Alba e Jovino Gutiérrez Alba; o tío destes e irmán da primeira, Segundo Alba Digón e Corsina Martínez.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de atraco, na causa 294/45, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 01/09/1945.
Encausaron a Consuelo Alba Digón, aos seus fillos Abelardo Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba, Domitila Gutiérrez Alba e Jovino Gutiérrez Alba (xa falecido); ao tío destes e irmán da primeira, Segundo Alba Digón e a Corsina Martínez.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.
Certas fontes sinalan que finou loitando no exército republicano.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.