← Volver atrás

Gutiérrez Alba, Baldomero

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Vilarello, Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 22 anos. Solteiro. Veciño de Cervantes. Fillo de Juan Gutiérrez Santín, fusilado en 1936 e de Consuelo Alba Digón, exiliada. Despois do fusilamento do seu pai en 1936, represaliado durante a guerra e de sufrir varias requisas, combateu na fronte asturiana e, despois, botouse ao monte cos seus irmáns Abelardo Gutiérrez Alba e Jovino Gutiérrez Alba, coa súa irmá Domitila Gutiérrez Alba, a súa nai e o seu tío materno Segundo Alba Digón.

Fuxido. Encarcerado.

Acusado de auxiliar a fuxidos, semella que non se integrou en ningún grupo armado pero sempre o perseguiron os franquistas.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 27/06/1940.

Trasladado ao campo de concentración da praia de Arnao, Figueras, Castropol (Principado de Asturias) o día 01/07/1940.

No 1943 botou medio ano en Barcelona e regresou a Galicia.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de agresión ás forzas armadas, na causa 180/45, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 17/05/1945.

Neste xuízo procesaron e declararon fuxidos e en rebeldía a: Consuelo Alba Digón, os seus fillos Abelardo Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba, Domitila Gutiérrez Alba e Jovino Gutiérrez Alba; o tío destes e irmán da primeira, Segundo Alba Digón e Corsina Martínez.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de atraco, na causa 294/45, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 01/09/1945.

En setembro/outubro de 1947 achábase en Valtuille, Villafranca del Bierzo (León), onde un telegrama da súa irmá Domitila lle indicaba que non fose a Barcelona que o buscaban; aínda así en decembro estaba nesta cidade.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 1/48.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo por formar parte de grupos bandoleiros na causa 616/48.

Detido en Barcelona no ano 1948, cando tentaba pasar a Francia por Andorra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha