← Volver atrás

Aldao Lobeira, Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Santa María de Cela, Bueu
(Pontevedra)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 28/06/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 27 anos. Casado con Dolores. Veciños do Souto, Santa María de Cela. Irmán de Eugenio Aldao Lobeira, encarcerado, e de Francisco Aldao Lobeira, encarcerado.

Encarcerado. Morte na cadea.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 29/12/1936.

Os procesados foron: Benito Aldao Lobeira, mariñeiro; Francisco Aldao Lobeira, mariñeiro; José Aye Estévez; Abelardo Barreiro Paredes, mariñeiro; Manuel Chapela Couso, canteiro; Ramón Chapela Otero, mariñeiro; Avelino Chapela Soliño, canteiro; Manuel Couso Gil, mariñeiro; Ramón Estévez Pazos, xornaleiro; José-Francisco Gómez de la Cueva, xornalista; Manuel Graña Pouseu, mariñeiro; Salvador Lobeira Juncal, mariñeiro; Manuel López Cortizo, mecánico; Benito Núñez Molares, labrego; Salvador Pardo Dávila; Benito Pastoriza Fariña, mariñeiro; Manuel Pastoriza Freire, xornaleiro; Manuel Ríos Pérez, mecánico, e Manuel Sánchez Juncal, albanel.

Pena conmutada con posterioridade pola de 20 anos de cadea.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 15/07/1937.

Enviado á Prisión Central de Cuéllar (Segovia) o día 01/03/1939 e ao Hospital Penitenciario de Segovia o 12/02/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha