← Volver atrás

Barreiro Paredes, Abelardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Bueu
(Pontevedra)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 18/10/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 36 anos. Casado con Josefa. Veciños de Loureiro, San Martiño de Bueu, Bueu.

Encarcerado. Morte na cadea.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 29/12/1936 polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 29/12/1936.

Os procesados foron: Benito Aldao Lobeira, mariñeiro; Francisco Aldao Lobeira, mariñeiro; José Aye Estévez; Abelardo Barreiro Paredes, mariñeiro; Manuel Chapela Couso, canteiro; Ramón Chapela Otero, mariñeiro; Avelino Chapela Soliño, canteiro; Manuel Couso Gil, mariñeiro; Ramón Estévez Pazos, xornaleiro; José-Francisco Gómez de la Cueva, xornalista; Manuel Graña Pouseu, mariñeiro; Salvador Lobeira Juncal, mariñeiro; Manuel López Cortizo, mecánico; Benito Núñez Molares, labrego; Salvador Pardo Dávila; Benito Pastoriza Fariña, mariñeiro; Manuel Pastoriza Freire, xornaleiro; Manuel Ríos Pérez, mecánico, e Manuel Sánchez Juncal, albanel.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

O día 15/07/1937 ingresou no penal do Forte de San Cristóbal. Participou na tentativa de fuxida masiva desta prisión do día 22/05/1938 e arrestárono os requetés o 23 en Txaraka-Olabe.

Morte rexistrada no Forte de San Cristóbal por mor dun colapso tuberculoso pulmonar.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Berrioplano (Navarra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha