← Volver atrás

Ríos Pérez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Bueu
(Pontevedra)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mecánico e chofer, 27 anos. Solteiro. Veciño de Bueu.

Dirixente do Partido Galeguista (PG) en Bueu.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 29/12/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Os procesados foron: Benito Aldao Lobeira, mariñeiro; Francisco Aldao Lobeira, mariñeiro; José Aye Estévez; Abelardo Barreiro Paredes, mariñeiro; Manuel Chapela Couso, canteiro; Ramón Chapela Otero, mariñeiro; Avelino Chapela Soliño, canteiro; Manuel Couso Gil, mariñeiro; Ramón Estévez Pazos, xornaleiro; José-Francisco Gómez de la Cueva, xornalista; Manuel Graña Pouseu, mariñeiro; Salvador Lobeira Juncal, mariñeiro; Manuel López Cortizo, mecánico; Benito Núñez Molares, labrego; Salvador Pardo Dávila; Benito Pastoriza Fariña, mariñeiro; Manuel Pastoriza Freire, xornaleiro; Manuel Ríos Pérez, mecánico, e Manuel Sánchez Juncal, albanel.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 15/07/1937.

Enviárono á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o 06/06/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha