← Volver atrás

Pastoriza Fariña, Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Santa María de Cela, Bueu
(Pontevedra)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 03/06/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 33 anos. Solteiro. Veciño de Santa María de Cela.

Encarcerado. Morte na cadea.

Prendérono os franquistas o día 02/12/1936 e estivo na cadea en Bueu por acudir o 20 de xullo a un acto na defensa da República en Pontevedra.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 29/12/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada no mes de abril de 1937 pola de cadea perpetua.

Os procesados foron: Benito Aldao Lobeira, mariñeiro; Francisco Aldao Lobeira, mariñeiro; José Aye Estévez; Abelardo Barreiro Paredes, mariñeiro; Manuel Chapela Couso, canteiro; Ramón Chapela Otero, mariñeiro; Avelino Chapela Soliño, canteiro; Manuel Couso Gil, mariñeiro; Ramón Estévez Pazos, xornaleiro; José-Francisco Gómez de la Cueva, xornalista; Manuel Graña Pouseu, mariñeiro; Salvador Lobeira Juncal, mariñeiro; Manuel López Cortizo, mecánico; Benito Núñez Molares, labrego; Salvador Pardo Dávila; Benito Pastoriza Fariña, mariñeiro; Manuel Pastoriza Freire, xornaleiro; Manuel Ríos Pérez, mecánico, e Manuel Sánchez Juncal, albanel.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) o día 16/12/1936.

O día 15/07/1937 internárono no penal do Forte de San Cristóbal. Participou no intento de fuga masiva desta prisión do día 22/05/1938 e capturárono forzas militares o día 23 no monte Ezkaba. Outras fontes sinalan que non participou na fuga.

Morte rexistrada no Forte de San Cristóbal por mor dunha anoxemia, que lle causou unha tuberculose pulmonar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha